A Xunta de Galicia e Google colaborarán na promoción internacional do Camiño de Santiago

A Xunta de Galicia e Google colaborarán na promoción internacional do Camiño de Santiago coa creación dunha canle de contido.

Esta é unha canle que se abrirá na plataforma Google Arts&Cultura, Proxecto cultural estrela de Google, e que contempla a creación de exposicións interactivas, a dixitalización a gran escala de varios Camiños e unha selección de monumentos e bens de interese cultural con tecnoloxía Street View. Google prevé o inicio das gravacións baixo a coordinación da Xunta, a través da Amtega e da Consellería de Cultura e Turismo.